Servizos veterinarios en Salceda de Caselas

Descobra os nosos servizos veterinarios en Salceda de Caselas

Pedir cita 986 347 842

Deixe a súa mascota en mans de expertos en medicina veterinaria

En Serveco Servizos Veterinarios somos especialistas en medicina veterinaria, ofrecendo unha gran variedade de servizos veterinarios en Salceda de Caselas, pensados para cubrir todas as necesidades.

Contamos con ampla experiencia e brindamos servizos personalizados, adaptando cada tratamento ás particularidades do seu animal, entre os que destacan medicina interna, cirurxía, diagnóstico por imaxe e ecografía veterinaria, garantindo un coidado integral e profesional.

Identificación por microchip, vacinación e desparasitación en Salceda de Caselas

Cirurxía veterinaria en Salceda de Caselas

Identificación por microchip

En Galicia e no resto da comunidade europea é obrigatoria a identificación de cans, gatos e furóns mediante a aplicación dun microchip por parte do veterinario.

Probas diagnósticas en Salceda de Caselas

Vacinación e desparasitación

Levamos a cabo unha exploración clínica da súa mascota antes da vacinación e aplicamos o protocolo vacinal máis axeitado. A desparasitación debe aplicarse periódicamente.

Dispoñemos de quirófano para a realización de cirurxía veterinaria!

Como especialistas en cirurxía veterinaria en Salceda de Caselas, realizamos cirurxía de tecidos brandos de xeito seguro e profesional. Este servizo inclúe desde esterilizacións ata procedementos específicos para tratar lesións ou enfermidades. Para máis información ou solicitar cita para cirurxía, non dubide en contactar.

Contactar 986 347 842

Todos os nosos servizos veterinarios en Salceda de Caselas

Medicina interna
Diagnóstico por imaxe
Probas diagnósticas
Tenda especializada

Medicina interna

Dentro dos nosos servizos veterinarios en Salceda de Caselas, realizamos o diagnóstico e tratamento de enfermidades internas, controlando patoloxías crónicas e agudas, sempre adaptando o tratamento á idade, raza e estado de saúde do seu animal. Realizamos consultas de dermatoloxía, oftalmoloxía, cardioloxía, dixestivo e reproducción.

Diagnóstico por imaxe

Como especialistas en medicina veterinaria, dispoñemos de ecografías de tecidos brandos de última xeración para obter un diagnóstico preciso e rápido, permitindo planificar o mellor tratamento posible para a súa mascota.

Probas diagnósticas

Realizamos probas diagnósticas para un correcto diagnóstico facilitando un control completo da sáude do seu animal e axudando a detectar problemas antes de que se compliquen.

Tenda especializada

Na nosa tenda pode atopar produtos para a súa mascota e produtos de calidade para a súa alimentación, como produtos de alimentación, hixiene e complementos de calidade, traballando só coas mellores marcas do sector para garantir o benestar e a saúde da súa mascota.

Preguntas frecuentes sobre medicina veterinaria

Que é exactamente a Clínica Xeral nun veterinario?

É o primeiro nivel asistencial, como un "médico de cabeceira". Avaliamos calquera síntoma, dor ou molestia e, a partir de aí, realizamos o cribado e orientamos o caso cara á área correspondente (dermatoloxía, uroloxía, etc.).

Atendedes animais de granxa? Cales?

Por suposto! Atendemos animais de granxa. Traballamos con ovino, porcino, caprino, entre outros. Na actualidade non atendemos cabalos.

Realizades esterilizacións?

Si, realizamos intervencións cirúrxicas, incluíndo procedementos de esterilización, segundo valoración veterinaria.

Probas diagnósticas en Salceda de Caselas

Lembre que tamén ofrecemos servizos veterinarios a domicilio

Como especialistas en medicina veterinaria, en Serveco Servizos Veterinarios desprazámonos ao seu domicilio con cita previa para atender á súa mascota de xeito eficaz e seguro. Ademais, ofrecemos servizos veterinarios en explotacións gandeiras, garantindo coidado e asesoramento profesional para animais de granxa directamente no seu entorno.

Contacte co noso centro veterinario en Salceda de Caselas

Se quere máis información sobre os servizos veterinarios en Salceda de Caselas ou desexa solicitar cita para a súa mascota, non dubide en poñerse en contacto con nós. Coidaremos da súa mascota coma se fora nosa.

Contactar 986 347 842

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.